Sunday 28 de April de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo unha sesión dobre da I Mostra Infantil e Xuvenil de Teatro


A ANPA do CEIP Felipe de Castro representará “Berenguela, aventuras e desventuras dunha espina de toxo” (18:00 horas) e A Barquiña Azul porá en escena “Os vellos non deben de namorarse” (19:30 horas)

A Casa da Cultura “Santeiros de Chave” acollerá este domingo a segunda xornada da I Mostra Infantil e Xuvenil de Teatro, organizado polas concellerías de Cultura e de Xuventude do Concello de Lousame. Unha xornada que inclúe dúas actuacións, ás 18:00 e ás 19:30 horas, de entrada totalmente libre e de balde.

Ás 18:00 horas, o grupo de teatro da ANPA do CEIP Felipe de Castro (Noia) representará “Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”. Trátase dunha peza de Manuel María, dirixida por Rosa Bañas e cunha duración de 25 minutos. O mesmo domingo, ás 19:30 horas, o grupo de teatro A Barquiña Azul, dirixido por Olga Insúa e María Teresa Horta, presentará unha peza de Castelao: “Os vellos non deben de namorarse”. Terá unha duración de 30 minutos.